miércoles, 26 de noviembre de 2014

ENCONTRO DE COORDINADORES DE PASTORAL CERCEDILLA

O pasado sábado tivemos o encontro dos Coordinadores de Pastoral en Cercedilla, na serra Madrileña. O sábado pola mañá tivemos unha conferencia de Juan Martín Velasco sobre o pasado e futuro do cristianismo centrando en Europa o seu discurso. Pola tarde tivemos un paseo dialogado pola serra e logo dunha merenda estivemos presentando as "boas prácticas" que xa se dan nos grupos de Movemento Calasanz de todas as provincias.
Cenamos e pola noite tivemos a Eucaristía.
Para rematar o fin de semana o domingo pola mañá traballamos todos os grupos en base a dous eixes principais: Propostas de intercambio futuras e poder continuar en grupos Calasanz aínda cando cambiamos de cidade. Para rematar cun seguimento do movemento a través de internet.

Comezamos grupos MC

Este luns 23 comezamos 1º, 2º,4º da ESO e o vindeiro xoves día 26 comezará 3º ESO Lembra que CONTIGO +